Inicio Marcas
  • Noticias
  • OFERTAS NOVEDADES OUTLET
    Atención al cliente: 986 856 622
    0.00 €
    CARRITO: (0)
    Aún no tienes productos en la cesta


    986 856 622 981 537 222
    ES GA EN

    COMEZA O CURSO

    * * *
    90.00 €
    ¡Selecciona una talla!

    Características

    Volta ao cole 2020-2021 con garantías

    Comezamos este curso con moitas ganas de reencontrarnos, de acompañarvos e facer camiño ao voso lado. En Autocares Rías Baixas traballamos para que os servizos de autobús realícense con todas as garantías e a volta ás aulas sexa o máis segura posible. Fixemos un esforzo para adaptarnos ás novas circunstancias, incluíndo a formación continua do noso equipo, contratación de acompañantes para o transporte escolar, protocolos de seguridade e medidas excepcionais hixiénico-sanitarias que permitan minimizar os riscos de contaxio.

    Como sempre, poñemos os nosos autobuses á vosa disposición, para que as saídas e actividades extraescolares que se organicen no centro poidan levar a cabo dentro dos criterios de seguridade e con todas as garantías. Temos unha experiencia de máis de 90 anos que nos avala.

    Sabemos que o curso vai ser diferente, pero coa axuda de todos conseguiremos que os alumnos teñan unha feliz volta ao cole. Grazas polo voso apoio e colaboración.

    MEDIDAS PREVENTIVAS:

     

    • Uso obrigatorio de máscaras no autobús
    • Xel  hidroalcohólico para limpeza de mans
    • Acceso ordenado e graduado pola porta dianteira
    • Asentos asignados
    • Renovación do aire interior
    • Protocolos de limpeza e desinfección
    • Cintos de Seguridade en todos os asentos.
    • Condutores e acompañantes con formación e  ámplia experiencia.
    • Cancelación gratuíta sen custos de anulación (ata 12 horas antes).

    Pídenos orzamento sen compromiso.

    HAZ YA TU RESERVA

    CONTACTO

    · A Igrexa 37, Salcedo - 36143 Pontevedra (Pontevedra)
    Telf.: 986 856 622

    · Vía Diesel 17, Pol. del Tambre - 15890 Santiago de Compostela (A Coruña)
    Telf.: 981 537 222


    · Acceso empresa

    Newsletter

    Suscríbete para enviarte
    ofertas y novedades: