Coa chegada do verán, en Autocares Rías Baixas ofrecémosvos servizos de autobús para excursións, campamentos, actividades deportivas ou eventos especiais despois do curso. Estas actividades combinan lecer e educación, permitindo aos estudantes aprender de forma práctica e vivencial. Cada experiencia convértese nunha lección que reforza coñecementos adquiridos durante o curso e xera recordos cos seus compañeiros e compañeiras que duran toda a vida.
O autobús non só é un medio de transporte eficiente e seguro, senón que ademais contribúe á convivencia, a respectar normas colectivas e a fortalecer os lazos cos seus compañeiros e profesores. Ademais, optar por un só vehículo colectivo reduce significativamente a pegada ambiental fronte ao uso de coches particulares, axudando a educar en valores como a sustentabilidade e o respecto pola contorna. Solicita o teu orzamento sen compromiso e organiza as túas saídas con total confianza.
Fai xa a reserva para as vosas excursións ou traslados e non quedes sen autobús.