Damos a benvida á primavera e é o momento para que os nenos e nenas poidan aprender, facer deporte, xogar e gozar da natureza. Co bo tempo e os días máis longos, podedes visitar parques, granxas escola, facer roteiros e excursións ou visitar museos ao aire libre.
Como sempre, poñemos os nosos autobuses á vosa disposición, para que as saídas e actividades extraescolares que se organicen no centro poidan levarse a cabo dentro dos criterios de seguridade e con todas as garantías. Temos unha experiencia de máis de 90 anos que nos avala.
Sabemos que a primavera vai ser diferente, pero coa axuda de todos conseguiremos que os alumnos e alumnas teñan actividades que lles lles permitan divertirse e recuperar un pouco de benestar. Grazas polo voso apoio e colaboración.