A partir do 2 de febreiro con carácter indefinido, está convocada unha folga por parte das persoas traballadoras do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña. Intentaremos prestar todos os servizos, pero non podemos garantir que se poidan cumprir ao 100%.
Trasladámoslles as nosas desculpas por todos os inconvenientes que lles puideran supoñer, e quedamos á súa disposición para calquera aclaración que precisen.
Servizos mínimos
Según o recollido no DOGA terán a consideración de servizos mínimos os seguintes:
1. Servizos públicos de transporte regular de uso xeral: os servizos mínimos fixados poderán consultarse na páxina web da Xunta de Galicia www.bus.gal
2. Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata as 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata as 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.
3. Servizos regulares de uso especial para o transporte de traballadores: todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.
4. Servizos de transporte público regular de uso especial de usuarios de centros socioasistenciais para a atención diúrna de persoas maiores en situación de dependencia ou grave risco de padecela e centros de atención a persoas con discapacidade: os servizos de entrada aos centros desde as 8.00 horas ata as 11.30 horas, e os de saída, desde as 16.30 horas ata as 20.00 horas.
Na Liña L7 ARÍNS-SANTIAGO DE COMPOSTELA os servizos mínimos de transporte urbano o luns 12, martes 13, venres 16, luns 19, martes 20 e venres 23 de xaneiro de 2026 serán:
- Valle Inclán – Aríns: de 07:00 a 22:00h (cada 60 min.)
- Aríns – Valle Inclán: de 07:30 a 22:30h (cada 60 min.)
- Suprímese o servizo a Fornás.