A educación dos nenos e nenas debe ir máis aló dos muros da escola. Algunhas leccións, como a empatía, o traballo en equipo, o respecto ao medio e o noso patrimonio, ou a comunicación entre as persoas, apréndense mellor no exterior.
En Autocares Rías Baixas poñemos os nosos autobuses á vosa disposición, para que as saídas e actividades extraescolares que se organicen no centro poidan levarse a cabo dentro dos criterios de seguridade e con todas as garantías. Temos unha experiencia de máis de 90 anos que nos avala.
Os nosos vehículos son de diferentes tamaños para adaptarse a cada clase, desde os pequenos microbuses aos grandes autocares, que conseguirán que os nenos e nenas teñan actividades que lles lles permitan recuperar un pouco de benestar de forma segura. Agora, máis que nunca, merecen divertirse xuntos.