bg_image

Xa queda moi pouco para a celebración do centenario de Autocares Rías Baixas e estamos a pechar os últimos preparativos. 

Por motivos de organización, a hora de inicio do evento sufriu un lixeiro atraso. O acto comezará ás 18:30 h e, polo tanto, os autobuses previstos para o traslado das persoas asistentes sairán 30 minutos máis tarde do horario inicialmente comunicado. 

Se vas achegarte en coche, dispós de dúas zonas de estacionamento: ZONA 1 (Rúa G) – ZONA 2 (Rúa H).

Se aínda non confirmaches a túa asistencia, agradeceriamos que o fixeses para axudarnos a ultimar a organización.

Estamos desexando compartir este día contigo.

    Formulario de Confirmación


    Co obxectivo de que poidas gozar da celebración coa maior comodidade, poñeremos á túa disposición un servizo de autobús con saídas desde Pontevedra e Santiago de Compostela. Se desexas facer uso del, non esquezas indicalo a continuación:

    Agardámoste!