bg_image
Portada » Rutas » Pontevedra - Salnés

L6 CAMBADOS – MEIS – PONTEVEDRA

Consulta todos os horarios e paradas da liña Cambados – Pontevedra.

Horarios resumidos das saídas desde Cambados e Pontevedra da liña L6. Se queres información detallada por parada, consulta o horario completo no apartado de enriba.

A partir do 1 de xaneiro, aplícanse os novos descontos no transporte público interurbano de Galicia. Mantéñense as bonificacións do 100% na Tarxeta Xente Nova e a Tarifa +65. A Tarxeta da Mobilidade de Galicia (TMG) ten unha bonificación do 40%. Aproveita as vantaxes para viaxar con descontos nas nosas liñas. Máis información das tarxetas na web bus.gal.

Nesta liña aplícanse tarifas con descontos nas paradas dentro do término municipal de Pontevedra, só para os usuarios con tarxeta TMG (Tarxeta da Mobilidade de Galicia).

Esta liña está parcialmente adaptada para persoas con mobilidade reducida.  Chame ao teléfono 986 85 66 22 para confirmar dispoñibilidade.