bg_image
Comentarios desactivados en Semana Europea da Mobilidade 2016
Posted By

Rias Baixas

Semana Europea da Mobilidade 2016

Rías Baixas | 30/09/16

 

 

O balance da Semana Europea da Mobilidade 2016 é moi positivo grazas á implicación dos cidadáns de Pontevedra e a súa participación en todos os actos que se desenvolveron.

 

Os días 17 e 18 de Setembro os menores de 18 anos puideron viaxar gratis con Autocares Rías Baixas. Como consecuencia, 65 mozos menores de 18 anos subíronse ao autobús de forma gratuíta.

 

O día 19 de Setembro celebrouse o día 2×1. Os usuarios da tarxeta de Autocares Rías Baixas podían convidar a un amigo para utilizar o servizo de bus gratuitamente. Convidáronse a 43 persoas a gozar da viaxe en compañía.

 

O Mércores 21 de Setembro realizouse a performance “O Evento do Bus” onde se mostraba o espazo ocupado por 50 coches, 50 bicicletas, 50 peóns e un autobús, nunha das rúas máis transitadas de Pontevedra. Esta actuación tuvo gran repercusión e foi recollida por medios de comunicación a nivel nacional.

 

O día 22 de Setembro (día de A cidade, sen o meu coche) Autocares Rías Baixas ofreceu o acceso gratuíto ao autobús a todos os usuarios da tarjeta de transporte. O resultado foi un incremento dun 17 % no número de usuarios que utilizaron o transporte público.
Desde Autocares Rías Baixas agradecemos o impulso da Universidade de Vigo, o Concello de Pontevedra, entidades privadas e a Asociación Pedaladas, polo seu traballo para promover actuacións de educación e sensibilización sobre a importancia da mobilidade sustentable.

 

Descargas asociadas:
Autocares Rías Baixas renueva el Sello Responsabilízate de la Xunta de Galicia
11 nuevos vehículos y 2 pequeños gestos para la Semana Europea de la Movilidad
Rindió homenaje a sus trabajadores y precursores en un acto institucional en Silleda