A tarxeta UNIBONO 10 permite realizar 10 viaxes á Universidade de Vigo por 55 € durante todo o curso escolar con actividade académica (dende Setembro ata Xullo), descontando unha viaxe cada vez que se valida ao subir ao autobús.
Cal é o prezo?
O UNIBONO 10 ten un prezo de 55 euros por 10 viaxes. O importe pola emisión da tarxeta é de 3 € e poderás utilizala durante todo o curso escolar vixente. En caso de perda, roubo ou deterioro da tarxeta, terás que solicitar outra, abonando de novo os 3 €.
As viaxes caducan o finalizar o curso escolar, polo que non se fará a devolución das viaxes non realizadas
Como a utilizo?
No momento de acceder ao autobús, só terás que achegar a tarxeta ao lector da canceladora (cada cancelación equivale a unha viaxe). Emitirá un billete para que saibas cantos viaxes quedan por utilizar. Consulta ao condutor se tes calquera dúbida.
Cando finalices as 10 viaxes non é necesario que devolvas a tarxeta.
Podo recargala?
Si, podes recargala. Unha vez finalizadas as 10 viaxes, se queres volver utilizar a túa tarxeta UNIBONO10 terás que cargala nas oficinas de Autocares Rías Baixas en Salcedo (Pontevedra).
Onde a solicito
Para pedir a tarxeta UNIBONO10 podes cubrir o seguinte formulario. Terás que indicar se queres recollela nas oficinas de Autocares Rías Baixas en Salcedo ou nas oficinas de Viajes Deza (en Marín e Pontevedra).
Recomendacións para o seu uso
Para utilizar a Tarxeta UNIBono nos autobuses de Autocares Rías Baixas só debes achegala, pola zona do chip, á parte central do lector. O son dun asubío indicará que a lectura é correcta e a máquina expedirá un billete para que saibas cantos viaxes quedan por facer. Para manter a tarxeta sempre en perfecto estado, só tes que seguir estas sinxelas recomendacións:
Evita danos físicos
Non dobres nin perfores a tarxeta para non romper a antena interna
Afástaa do móbil
Non a deixes preto de equipos que emitan ondas, como microondas.
Protéxea do calor
Non a expoñas ao sol directo nin a cambios bruscos de temperatura.
Evita a humidade
Mantén a tarxeta lonxe da auga e de ambientes corrosivos como o salitre.
Limpeza suave
Usa un pano un pouco húmido, sen produtos químicos abrasivos