Os días 5, 12, 15 e 19 de decembro está convocada unha folga por parte das persoas traballadoras do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña. Consulta os servizos mínimos programados para a xornada de folga do 5 de decembro.
· Valle Inclán–Aríns: de 7.00 h a 22.00 h (cada 60 min.)
· Aríns–Valle Inclán: de 7.30 h a 22.30 h (cada 60 min.)
· Suprímese o servizo a Fornás.
Intentaremos prestar todos os servizos, pero non podemos garantir que se poidan cumprir ao 100%. Trasladámoslles as nosas desculpas por todos os inconvenientes que lles puideran supoñer, e quedamos á súa disposición para calquera aclaración que precisen.